| Setembro-2010 | ||||||
| << | < | Hoxe | > | >> | ||
| Lun | Mar | Mer | Xov | Ven | Sab | Dom |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | 30 | |||
A catástrofe do Prestige marcou un fito na historia recente de España, cunha explicable repercusión internacional. Foi importante dende o punto de vista ambiental e económico. Incidiu tamén en capas profundas do espírito colectivo, que resultou conmocionado pola reiteración dos accidentes, moi singularmente na ruta atlántica europea que bordea a Galicia, e pola sensación de vulnerabilidade.
Foi unha nova chamada atención á comunidade internacional e aos poderes úblicos nacionais, para avanzar máis decididamente na prevención e ntervención das emerxencias e facer que sexa cada vez máis difícil a súa produción nun mundo crecentemente interrelacionado, do que hai que liminar os seus efectos negativos.
Ha de recoñecerse que, a golpe de catástrofes, se promoveu a mellora dos mecanismos de prevención, así como do tratamento e reparación dos danos ausados. Queda aínda un amplo campo por andar, porque, nalgunha medida, se corre o perigo do relaxamento, superados os momentos críticos e as súas inmediatas secuelas.
As institucións xurídicas e as Administracións Públicas han de adaptarse os novos problemas que orixina a civilización do risco na que nos topamos inmersos, que reclama, loxicamente e de modo cada vez máis imperioso, seguridade, que ha de procurarse da man do progreso e do mpulso dunha democracia solidaria e cooperativa. Como recoñece o libro verde sobre os servizos de interese xeral, presentado pola Comisión, "a seguridade e a protección convertéronse nun prioridade en Europa", que o accidente do Prestige puxo máis aínda en evidencia, como alí se cita.
En sucesivos epígrafes ordénanse algunhas mostras reveladoras do copioso material (normativo, documental, jurisprudencial e doutrinal) sobre seguridade marítima, que pon a disposición da comunidade científica co ánimo da súa divulgación e o obxectivo da súa mellora e erfeccionamento.
MARTA GARCÍA PÉREZ |
Investigadora Responsable |