Observatorio del Litoral

 

Derecho Ambiental

O Dereito ambiental é de recente creación. Non obstante, evolucionou de forma notable sendo unha as ramas do ordenamento xurídico con, cada vez, maior protagonismo na configuración da nosa sociedade. O actual contexto de crise económica e ambiental potenciou, aínda máis se cabe, as políticas ambientais como un factor de dinamización e de redifinición do noso modelo de desenvolvemento.

En atención á necesidade de fomentar a investigación neste ámbito, xorde a sección de "Dereito ambiental" do Observatorio do Litoral. Dende finais dos 90, o grupo centrou parte dos seus esforzos no estudo, a investigación, a divulgación e a formación en materia de Dereito ambiental. A sección de Derecho ambiental desenvolveu a súa actividade investigadora en diferentes ámbitos, entre os que podemos destacar os seguintes: dereito ambiental da empresa e loita contra a contaminación mariña; ou o sistema normativo de protección ambiental da nosa Comunidade Autónoma.

Para potenciar a actividade investigadora nesta materia, o Grupo puxo en marcha recentemente a publicación electrónica Actualidade de xurídica ambiental, Boletín sobre dereito ambiental da empresa e loita contra a contaminación (www.actualidadjuridicaambiental.com).

 

 

JUAN JOSÉ PERNAS GARCÍA

Investigador Responsable

 

Project-Marine.EuEuropa - The European Union On-LinePrograma Interreg III BInstituto Universitario de Estudios Marítimos

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Diseño : GSMedia