Observatorio del Litoral

 

Presentación

A comezos dos anos noventa, un grupo de investigadores pertencentes á Área de Dereito Administrativo da recén creada Universidade da Coruña iniciaron a que sería unha prolongada especialización no estudio de cuestións xurídicas do litoral. A ordenación costeira, o medio mariño e os recursos pesqueiros constituíron os eixes dunha produción científica avalada por numerosas publicacións, proxectos de investigación e encontros científicos nos que participaron renomeados especialistas a nivel mundial.

O accidente do Prestige fronte ás costas galegas en novembro de 2002 foi un revulsivo que marcou un antes e un despois nas actuacións do grupo de investigación. A elaboración dun informe xurídico sobre problemas xurídico administrativos formulados polo Prestige (publicado pola editorial Thomson-Aranzadi no ano 2005) foi a primeira dunha serie de achegas orientadas á mellora da seguridade marítima.

A vontade común dos que formaron parte dese grupo de traballo e a convicción de que a ordenación da zona costeira constituía unha prioridade inaprazable foron o motor do nacemento do Observatorio do Litoral, adscrito ao Instituto Universitario de Estudios Marítimos da Universidade da Coruña.

Dende entón, os investigadores integrantes do Observatorio aspiran á
consecución dos seguintes obxectivos:

  • Facer un seguimento das melloras e deficiencias do Dereito do litoral nos ámbitos internacional, europeo e interno.
  • Formular propostas de mellora do ordenamento xurídico do litoral.
  • Afondar no estudio do litoral e actualizar os estudos realizados.
  • Ofrecer asesoramento e información ás Administracións públicas, institucións públicas e privadas ou particulares na materia.
  • Promover a difusión de estudios sobre o litoral.

A creación deste sitio web pretende ofrecer á comunidade científica un lugar de reflexión, favorecer a transferencia de coñecementos e fomentar o estudio do dereito do litoral entre os que comparten as mesmas inquietudes que os membros que integran o Observatorio.

Project-Marine.EuEuropa - The European Union On-LinePrograma Interreg III BInstituto Universitario de Estudios Marítimos

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Diseño : GSMedia