| Febreiro-2010 | ||||||
| << | < | Hoxe | > | >> | ||
| Lun | Mar | Mer | Xov | Ven | Sab | Dom |
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
| 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
| 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
| 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
A comezos dos anos noventa, un grupo de investigadores pertencentes á Área de Dereito Administrativo da recén creada Universidade da Coruña iniciaron a que sería unha prolongada especialización no estudio de cuestións xurídicas do litoral. A ordenación costeira, o medio mariño e os recursos pesqueiros constituíron os eixes dunha produción científica avalada por numerosas publicacións, proxectos de investigación e encontros científicos nos que participaron renomeados especialistas a nivel mundial.
O accidente do Prestige fronte ás costas galegas en novembro de 2002 foi un revulsivo que marcou un antes e un despois nas actuacións do grupo de investigación. A elaboración dun informe xurídico sobre problemas xurídico administrativos formulados polo Prestige (publicado pola editorial Thomson-Aranzadi no ano 2005) foi a primeira dunha serie de achegas orientadas á mellora da seguridade marítima.
A vontade común dos que formaron parte dese grupo de traballo e a convicción de que a ordenación da zona costeira constituía unha prioridade inaprazable foron o motor do nacemento do Observatorio do Litoral, adscrito ao Instituto Universitario de Estudios Marítimos da Universidade da Coruña.
Dende entón, os investigadores integrantes do Observatorio aspiran á
consecución dos seguintes obxectivos:
A creación deste sitio web pretende ofrecer á comunidade científica un lugar de reflexión, favorecer a transferencia de coñecementos e fomentar o estudio do dereito do litoral entre os que comparten as mesmas inquietudes que os membros que integran o Observatorio.